Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de separación, transformación e separación de residuos sólidos inertes en Ferrol (A Coruña) e promovido por Recinor.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de separación, transformación e separación de residuos sólidos inertes en Ferrol.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de A Coruña.

-Concello de Ferrol.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contandos a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliacion Ambiental