Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 058/01P e OU 062/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5 de agosto de 1992) e máis do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 22 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU-058/01P.

Denunciado: José Manuel Nóvoa Figueiras.

DNI: 34938762.

Último enderezo coñecido: r/ Capitán Eloy, 15-6º A (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia, en luns, día inhábil para a pesca.

Preceptos infrinxidos e sancionadores: artigos 34.1º e 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

ANEXO II

Expediente: OU-062/01P.

Denunciado: Alcino de Acevedo Cardoso.

DNI: 7445405.

Último enderezo coñecido: Sande. Marco de Canavezes. Portugal.

Feito probado: pescar sen leva-la licencia para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.