Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación por concurso aberto da subministración e instalación de caldeiras en colexios públicos do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº expediente: 3320/320.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación por lotes de caldeiras para colexios públicos de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, dous.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 4.980.529 pesetas (29.931,96 euros) e lote 2: 4.205.099 pesetas (25.273,15 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 29 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde