Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da xestión da escola municipal de danza do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº expediente: 4190/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión da escola municipal de danza.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 14.877.621 pesetas (89.416,30 euros).

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 29 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde