Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, do 10 de outubro de 2001, o proxecto de urbanización presentado pola Comunidade Proindiviso conformada por José J. Gradín Bouzas, Carlos Dagá Escribano e Miguel Dagá Escribano, para o ámbito do solo clasificado polo PXOU como solo urbano, unidade de execución nº 9, na avda. Portugal. O que se fai público, para efectos de execución técnica e material do planeamento. Exponse ó público polo prazo dun mes, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, quedando o expediente de manifesto na sección de urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 12 de novembro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde