Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, do 10 de outubro de 2001, o proxecto de compensación de propietario único, presentado pola Comunidade Proindiviso conformada por José J. Gradín Bouzas, Carlos Dagá Escribano e Miguel Dagá Escribano, para
o ámbito do solo clasificado polo PXOU como solo urbano, unidade de execución nº 9, na avda. de Portugal. O que se fai público, para efectos de execución xurídica e material do planeamento. Exponse ó público polo prazo de vinte días, de conformidade co establecido nos artigos 102 e 133.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, quedando o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.
Tui, 12 de novembro de 2001.
Antonio F. Fernández Rocha
Alcalde