Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 12 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o Plan especial de acondicionamento e saneamento do río Sarela e o seu contorno. Treito Santa Isabel-O Romaño (PE-5 bis), promovido polos servicios técnicos municipais.

O Plan especial de referencia desenvolve a previsión contida no artigo 74 bis do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) para o ámbito delimitado nos planos de ordenación como PE-5 bis, correspondente ó treito do río Sarela que discorre entre a Ponte do Romaño e a de Santa Isabel, paralelo á estrada C-540 (Santiago de Compostela-Santa Comba). Así mesmo, incorpora a ordenación do núcleo da Ponte da Asén, remitido polo Plan xeral á ordenación do Plan especial de mellora do medio urbano (PEMMU-9).

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo