Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do día 19 de novembro de 2001, adoptou o acordo número 22370 de urbanismo, aprobación definitiva do proxecto de urbanización do viario presentado por B.B.T., S.L., situado na estrada C-550 e rúa Terra da Pedra en Raxó. Dáse conta do expediente tramitado con motivo da aprobación do proxecto que está situado na rúa Leopoldo Novoa García, entre a C-550 e a rúa Terra da Pedra, en Raxó, que se aprobou inicialmente por acordo da Comisión de Goberno do 3 de setembro de 2001; sometido a información pública mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2001, no Diario de Pontevedra do 12 de setembro, así como no BOP do 21 de setembro, non presentándose ningunha reclamación durante a información pública; constituíu na Tesourería Municipal a fianza de 4.022.300 pesetas, o promotor da urbaniación; a comisión, por unanimidade e en exercicio das atribucións delegadas pola Alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 21 da Lei

7/1985, do 2 de abril, acordou aprobar definitivamente o proxecto, de coinformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, debendo publicarse esta aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e no BOP e debendo remitirse dous exemplares do proxecto de urbanización aprobado e do expediente tramitado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Contra este acordo pódese interpoñer, directamente no prazo dun mes desde a publicación deste, recurso de reposición ante esta Alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das

bases de réxime local. Este recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a notificación do recurso de reposición e, pasado este mes, entenderase desestimado; e contra a desestimación por silencio pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e, se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo xulgado.

Poio, 27 de novembro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde