Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración e instalación de cámaras CCTV, semáforos e sistemas de control de accesos no Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Tráfico. Nº expediente: 14520/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación por lotes de cámaras CCTV, semáforos e sistemas de control de accesos.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 6.999.725 pesetas (42.069,20 euros), lote 2: 3.488.269 pesetas (20.964,92 euros) e lote 3: 12.999.729 pesetas (78.129,94 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 29 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde