Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 45/2001 ALM, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poda ter coñecemento do seu contido a resolución do expediente sancionador nº 45/2001 ALM, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 31 de outubro de 2001.

P.A. (artigo 16.2º do Decreto 198/1994, do 16 de xuño, DOG do 24 de xuño)

Mª Isabel Cerqueiras Ozores

Secretaria provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Nº 45/01 ALM.

Denunciado: Elisa Conde Arzúa, propietaria de Legumbres Elisa.

Último domicilio coñecido: estrada provincial, nº 136, Vigo.

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:

-Artigo 2º.2.2, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

-Artigo 3, capítulo I, punto 1, punto 2 c) e punto 3, así como do capítulo II a), b), c), capítulo IX punto 3, punto 6 e capítulo X do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

-Artigo 2 do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre rexistro xeral de alimentos.

-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, da Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 75.000 pesetas.