Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador 31/2000.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás

persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución do expediente sancionador nº 31/2000, incoado por infracción ó Decreto 192/1988, do 4 de marzo, segundo modificación do R.D. 1293/1999, do 23 de xullo, sobre limitacións na venda e uso do tabaco para protección da saúde da poboación. Os expedientados dispoñen do prazo dun mes para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-los recursos de alzada correspondentes, se o consideran oportuno, según preceptúa a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Expediente sancionador nº 31/2000.

Denunciados:

-Daniel dos Santos Amorín

Documento identificación: X-1747433.

Último enderezo coñecido: Rancho Grande, Estación, nº 4 B- 28294 - Robledo de Chavela (Madrid).

-Mario Francisco Etayi Garrido.

DNI: 50312337.

Último enderezo coñecido: rúa Moratín, nº 48-4º 28014 - Madrid.

-Avelino José Bango.

Documento identificación: X-0815930-M.

Último enderezo coñecido: rúa Sierra del Valle, nº 32 - 28018 - Madrid.

Ourense, 24 de outubro de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense