Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 5 de outubro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-105/01, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade interesada que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-105/01, incoado á sociedade titular do establecemento de café-concerto denominado Oasis, situado no lugar do Canto-Trasmonte, do Concello de Oroso (A Coruña), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño de 1987).

Expediente: AC-105/01.

Denunciado: Café-concierto Oasis, S.L.

Establecemento: Café-concierto Oasis.

Enderezo: Lugar do Canto-Trasmonte.

Localidade: Oroso.

Precepto infrinxido: artigo 86, números 2 e 3 da Lei 9/1997.

Resolución: 5 de outubro de 2001.

Sanción: dúas multas, de quince mil (15.000) pesetas cada unha.

A Coruña, 9 de novembro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña