Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto modificado número 1 de construcción da estrada AC-141 e AC-142, treito Cabanas-A Capela-Goente, clave AC/98/59-1 (termos municipais de Cabanas e A Capela).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 22 de novembro de 2001, procédese a aprobación do proxecto modificado nº 1 das obras do proxecto de construccion da estrada AC-141 e AC-142, treito Cabanas-A Capela-Goente, clave AC/98/59-1, termos municipais de Cabanas e A Capela, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de febreiro de 1999, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 24/1999, publicado no DOG nº 31, de data 16 de febreiro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os danos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Cabanas.

Data: 8 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Allegue Corbeira, Trinidad a Fernández Fernández, Pedro.

Data: 9 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Fernández Martínez, Manuel a Vilariño López, José Luis.

Casa do Concello de A Capela.

Data: 10 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 11 horas.

De: Antón Durán, Mª Josefa a Seijo Rodríguez, Edelmira.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Cabanas e A Capela respectivamente, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta) 15071, A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxeto de emendar posibles erros padecidos ó relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 26 de novembro de 2001.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña