Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada AC-443, Negreira-Brandomil, treito Negreira-Ponte Corneira, clave N/AC/91.3.3.2 (termos municipais da Baña e Negreira).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 28 de marzo de 2001. O director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procede á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada AC-443, Negreira-Brandomil, treito Negreira-Ponte Corneira, clave N/AC/91.3.3.2, termos municipais da Baña e Negreira.

Con data do 19 de abril de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 98/2001, publicado no DOG nº 94, do 16 de maio de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello da Baña.

Data: 7 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Agra Insua, María Sara a Cantorna Rey, Raúl.

Data: 8 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Cantorna Rey, Segundo a Gorgal Quintáns, Áurea.

Data: 9 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Igrexa Parroquial Sta. María Ordoeste a Pereira Leis, José.

Data: 10 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Pereira Pose, Benigno a Villar Rial, Manuel.

Casa do Concello de Negreira.

Data: 14 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Alfonso Insua, Sara a Guzmán Lueiro, Sara.

Data: 15 de xaneiro de 2002.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Liñares Guzmán, Jesús a Vittori Tallos, Javier.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos da Baña e Negreira respectivamente, e no Servicio Provincial de Estradas da Coruña (praza Luís Seoane s/n, 8ª planta) 15071, A Coruña.

A este acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 20 de novembro de 2001.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña