Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Díaz Martínez, Antonio e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 8 de novembro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Díaz Martínez, Antonio

DNI: non consta

Policarpo Sanz, 17-6º D

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-982/97. R.R.: 394/00 (RX-158/00)

Eijo Martínez, Leopoldo

DNI: non consta

Pizarro, 91-2º

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-19/99. R.R.: 16/2001

Figueira Camiña, Raquel

DNI: non consta

Torrecedeira, 12-2º A

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. DS- 442/2000

González Sanmartín, Adolfo

DNI: non consta

Suárez Llanos, 35-2

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-2027/2000. Liq.2000047909

Lorenzo Lustres, Juan Antonio

DNI: non consta

Pza. Mestra Elvira, 1

Panxón-Nigrán

Imposto de sucesións e doazóns

Expte. S-668/93 (Z-801/00)

R.R.: 65/01 (RX-120/01)

Yáñez Martínez, Juan Luis

DNI: non consta

Antón Beiras , 6-1ºA

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. T-24544/99. Liq.600900232838