a) Obra.
1. Construcción nova ponte entre Baión e Paradela sobre o río Umia. Convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Meis e o Concello de Vilanova de Arousa, 18 de xullo de 2001.
Clave: PO/00/80.3.
Orzamento: noventa e tres millóns setecentas trinta e unha mil catrocentas sesenta e sete pesetas (93.731.467), equivalentes a 563.337,46 euros.
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría c.
Garantía provisional: non se esixe.
2. Ampliación e renovación de calzada, beirarrúas e servicios da rúa Emilia Pardo Bazán. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Ourense, 12 de setembro de 2000.
Clave: OU/00/94.3.
Orzamento: cento oitenta e sete millóns oitocentas trinta e tres mil cincocentas quince pesetas (187.833.515), equivalentes a 1.128.902,16 euros.
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.
Garantía provisional: non se esixe.
3. Acondicionamento da rolda de Mondoñedo, treito II, rúa Julia Pardo, reposición de servicios e pavimentacións. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Mondoñedo, 27 de xullo de 2001.
Clave: SC/01/128.3.
Orzamento: corenta e sete millóns cincocentas dezaoito mil duascentas corenta (47.518.240) pesetas, equivalentes a 285.590,37 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.
E en Copy Estudio; rúa Nova de Abaixo nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou
festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de claúsulas administrativas particulares.
h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.
i) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudictarios.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda