Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.519

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

ANUNCIO de notificación.

Incoado a Roxelio Vigo Morandeira expediente sancionador nº 5/2001, mediante acordo adoptado do Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en sesión do 28 de xullo de 2001, e intentada a notificación da resolución do instructor do procedemento que data do 24-10-2001 (R.S. nº 156/2001 do 12-11) pola que se procede á apertura do trámite de audiencia, nos termos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen que esta puidera practicarse.

Considerando o establecido no artigo 76 do Decreto 69/2000, do 23 de marzo, en relación co artigo 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselle mediante este edicto a Roxelio Vigo Morandeira o contido da referida resolución, e por conseguinte, a apertura do trámite de audiencia, para ser oído o día 15 de decembro de 2001, ás 11 horas, no nº 14 da rúa Neira de Mosquera (Círculo de Aulas) de Santiago de Compostela, facéndolle constar que o expediente referenciado queda á súa disposición, nas horas de atención ó público, no domicilio social do COPDG, sito na rúa Xeneral Pardiñas, nº 15-17, edif. Bankinter, Galerías Metropol, local 11, de Santiago de Compostela.

Durante o referido acto poderá presentar cantas alegacións considere pertinentes e propoñe-las probas que desexe, para a mellor defensa dos seus dereitos.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.

Miguel Anxo Rodríguez Ramos

Secretario do expediente