Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.519

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 6 de novembro de 2001 para a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria da contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A.1. Posto: operador de informática (ref. OPER-FRA)

1. Funcións principais: tarefas de introducción de datos, escaneo e tratamento de imaxes e labores propios administrativos.

2. Prazas: 1 xornada completa.

3. Requisitos:

-FP II en informática ou equivalente.

-Dominio de contorno Windows, Word 2000, Excel 2000 e Acces 2000.

-Mecanografía: mínimo 200 pp.m.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Manexo de Photoshop.

-Dominio de francés, oral e escrito.

-Experiencia profesional no campo da informática.

-Coñecementos de programación en contornos Web, Java ou ASP.

5. Probas que se van realizar:

-Proba de mecanografía.

-Proba de coñecementos de contorno Windows, Word 2000, Excel 2000 e Acces 2000.

-Proba de coñecementos de Photoshop.

-Proba de coñecementos de francés.

-Entrevista persoal.

A.2. Posto: adxunto á área de feiras (ref. AF-TUR).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do xefe de área, desempeñará labores relativos á participación en feiras nacionais e internacionais de turismo, presentacións da oferta, etc. así como a organización da documentación xerada pola área.

2. Prazas: 1 xornada completa.

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Coñecemento específico sobre recursos turísticos de Galicia.

-Dominio de inglés, francés e galego, falado e escrito.

-Dominio de Word 2000, Excel 2000 e Access 2000.

4. Valorarase:

-Coñecemento doutros idiomas.

-Currículum vitae.

-Experiencia profesional no sector turístico.

5. Probas que se van realizar:

-Proba oral e escrita de inglés, francés e galego.

-Proba de informática (Word 2000, Excel 2000, Access 2000).

-Proba de coñecementos específicos (anexo I).

-Entrevista persoal.

A.3. Posto: adxunto área de calidade (ref. AC-TUR).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do xefe de área, labores de apoio na xestión dos sistemas de calidade que se implantarán en establecementos galegos do sector e na elaboración de plans de formación, así como a organización da documentación xerada pola área.

2. Prazas: 1 xornada completa.

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Experiencia mínima de 2 anos no sector turístico.

-Coñecementos de galego e inglés, falado e escrito.

-Dominio de Word 2000, Excel 2000 e Access 2000.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Formación e/ou experiencia en implantación de sistemas de calidade.

5. Probas que se van realizar:

-Proba oral e escrita de inglés e galego.

-Proba de informática (Word 2000, Excel 2000, Access 2000).

-Proba específica de coñecementos: calidade e xestión de establecementos.

-Entrevista persoal.

B.1. Documentación que se vai presentar:

-Currículum vitae.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación complementaria e/ou experiencia que se desexe xuntar para ser valorada.

B.2. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia-Área Económica e de Persoal. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3 A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

C. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos no proceso de selección.

O mecanismo de selección de cada unha destas prazas consistirá na realización das probas especificadas nos epígrafes A.1.5., A.2.5. e A.3.5. cunha puntuación máxima do 50% sobre o total, valoración de méritos cunha puntuación máxima do 40% e unha entrevista persoal cunha puntuación máxima do 10%.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director-xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

Adxunto Área de Feiras

1. O folclore: música e traxes típicos. Romarías e festas populares. Feiras. Crenzas.

2. A gastronomía. Os viños. Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia. Festas gastronómicas.

3. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

4. Áreas naturais de interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e lagoas.

5. Costa norte e Rías Altas. Especial significación da Costa da Morte.

6. As Rías Baixas.

7. A Galicia interior.

8. Arquitectura relixiosa en Galicia. Estilos arquitectónicos.

9. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

10. Historia de Galicia. Principais fitos históricos.

11. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e costa.

12. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

13. Rutas turísticas. Amplo coñecemento do Camiño de Santiago.