Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 27 de novembro de 2001, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidad adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, -Inludes-.

2. Obxecto: suministro de fertilizantes para a granxa provincial Gayoso Castro do Inludes.

3. Orzamento: seis millóns duascentas cincuenta mil pesetas (6.250.000 pesetas), 37.563,26 euros.

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2002.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 272, do 27 de novembro de 2001.

Lugo, 27 de novembro de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo