Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (5/2000).

A Alcaldía, con data 31 de outubro de 2001, dictou a seguinte resolución:

Asunto: declaración de innecesariedade de reparcelación do APE H3.02-Orillamar.

Primeiro.-Deixar sen efecto a Resolución do 31 de xaneiro de 2001 que inicia o expediente de reparcelación de APE H3.02 (Orillamar).

Segundo.-Declarar a innecesariedade da reparcelación do APE H.3.02 por incurrer no suposto previsto no artigo 73 a) do Regulamento de xestión.

Terceiro.-Publicar este acordo no DOG, nun xornal dos de máxima circulación da provincia, e notificar individualmente os posibles interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento indicando que contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, ben que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 6 de novembro de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo