Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-8/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 9 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Residencial Zalaeta, S.L., para axuste de aliñacións da r/ Salgado Somoza, esquina r/ Disciplina, no soar nº 1 da r/ Salgado Somoza.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos periódicos de maior circulación na provincia, para que no prazo dun mes poidan os interesados presenta-las alegacións oportunas.

Terceiro.-Notificarlle á empresa Cándido Iglesisas Carballido y Otros, S.A. como titular de parcelas afectadas polas aliñacións axustadas por este estudio de detalle.

Cuarto.-Notificarlle ó promotor Residencial Zalaeta, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formuña-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 20 de novembro de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo