Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión do 24 de setembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono situada na Tapia, O Temple, elaborado polo arquitecto José Ramón Díaz Barbeiro e promovido por José Luis Aler Díaz, en representación dos herdeiros de Alberto Aler.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei, poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio e deberá ser presentado ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, e deberá ser presentado perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que se poidan exercer, de se-lo aso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Cambre, 18 de outubro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde