Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 335, que afecta o monte Barbanza de Lesón, da parroquia de Lesón (concello da Pobra do Caramiñal).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o 10 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«No quinto punto da orde do día, a secretaria expón a sentencia firme con data 2-11-2000, recaída no recurso contencioso-administrativo 02/0004933/1997, interposto contra a resolución do xurado con data do 16-12-1996, no expediente nº 335 do monte Barbanza de Lesón. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima o recurso, e dispón que o referido monte ten que cualificarse como veciñal. Para os efectos de da-lo debido cumprimiento á sentencia achegada, o xurado acorda cualificar como veciñal en man común o monte Barbanza de Lesón, da parroquia de Lesón, concello

da Pobra do Caramiñal, coa superficie e lindeiros que figuran no primeiro antecedente da resolución recorrida».

A Coruña, 10 de maio de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña