Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ACORDO do 11 de outubro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se amplía o prazo de audiencia no expediente de clasificación co carácter de veciñal en man común dos montes da parroquia de San Martiño do concello do Grove.

Vista a solicitude formulada por Belén Raposo Pérez en representación do Concello do Grove, inte

resando ampliación do prazo dun mes aberto para formular alegacións no expediente de clasificación co carácter de veciñais en man común dos montes Riba da Vellas e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove, e tendo en conta que o artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, determina que a Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder de oficio ou a petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiro.

Con base no anteriormente exposto, e de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ACORDO:

Amplia-lo prazo de alegacións do procedemento para a clasificación como veciñais en man común dos montes Riba das Vellas e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove, por un período de 15 días contados a partir do remate do prazo dun mes inicialmente aberto, acordo que se notifica a tódolos interesados no citado procedemento significándose que non é susceptible de recurso.

Pontevedra, 22 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra