Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de seguridade e vixilancia do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspon

dentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 34/2001

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra.

b) Division por lotes e número:

c) Lugar de execución: Pontevedra: avda. de Vigo, s/n.

d) Prazo de execución: desde o 1-1-2002 ata o 31-12-2002

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.000.000 de pesetas/120.202.42 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

1º) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

b) Localidade e código postal: 36203 Vigo.

c) Teléfono: 986 81 70 54.

d) Telefax: 986 81 70 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=856

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: grupo III. Subgrupo 2. Categoría A.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 (oito) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª. Enderezo: r / María Berdiales, 20 entreplanta.

3ª. Localidade e código postal: 36203 Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 81 70 43, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10.Outras informacións.

11.Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta do/da adxudicatario/a.

Vigo, 19 de novembro de 2001.

P.D. (Orden 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra