Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista con XG-199 a Viajes y Circuitos Mar Galicia, sita no edificio Río da Ponte 48 B de Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Manuel Touriño Camiña, na súa calidade de representante legal de Arosa Tours, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes y Circuitos Mar Galicia, do grupo retallista, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista, sita no edificio Río da Ponte nº 48, Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra).

Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no artigo 6 do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro.

Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co XG-199 a Viajes y Circuitos Mar Galicia, con casa central en Sanxenxo, da que é titular Arosa Tours, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo