Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2001 Páx. 15.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, dun cromatógrafo e un ecógrafo para o laboratorio de calidade da carne do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun cromatógrafo e un ecógrafo para o laboratorio de calidade da carne do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.230.000 pesetas/37.443,05 euros.

5. Garantías.

Provisional: 124.600 pesetas/748,86 euros.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 82.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ó oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria