Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización U.E. Canteira en Matamá (expediente 4282/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 12 de xullo de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono C-SU-UA-4 Canteira (Matamá), promovido pola entidade mercantil Camiño da Balsa, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, visado polo colexio de enxeñeiros de camiños, canles e portos, con datas 27-6- 2001, 10-5-2001 e 15-3-2001 (expte. 4282/401).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación. O expediente está á disposición do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 11 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo