Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da unidade execución IV-09 Ramón Nieto 3 (expediente 4300/401).

Con data do 20 de agosto de 2001, o representante da xunta de compensación da unidade de execución IV-09 Ramón Nieto 3 presentou nesta Administración municipal solicitude de tramitación e aprobación do correspondente proxecto de compensación. O dito proxecto foi redactado pola arquitecta María A. Leboreiro Amaro e visado polo COAG con data do 23 de maio de 2001, sendo aprobado previamente pola xunta de compensación na súa asemblea extraordinaria do 11 de xullo de 2001, co voto favorable do 90,0269% das cotas de participación.

De conformidade co disposto nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, cómpre somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individualizada ós directamente interesados, no forma prevista nos artigo 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 24 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidene da Xerencia Municipal de Urbanismo