Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 5 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono FF do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) en Carmen de Abaixo-Oblatas, promovido pola mercantil Residencial Las Camelias, S.L.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no pazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo