Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 22 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono A do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) das Arrepentidas, promovido por Santiago Montero Viña.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro Delegado de Urbanismo