Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 26 de setembro deste ano (Diario Oficial de Galicia número 212, do 2 de novembro de 2001), pola que se anuncia adxudicación definitiva do concurso público aberto, para a adquisición de equipamento de lámpadas e mesas cirúrxicas con destino ós hospitais da Comunidade Autónoma galega (SCS-28/2001) (2 lotes).

Advertidos erro nas adxudicacións do lote 2 do antedito concurso, publicado no DOG nº 212, do 2 de novembro de 2001, nas dúas versións, galega e castelán,

DISPOÑO:

1. Rectificar na páxina 14.200, no epígrafe do lote 2 mesas cirúrxicas, onde di b) Contratista: Air Liquide Medicinal, S.L., debe dicir b) Contratista: DD & AA Medical, S.A.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos