Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun inmoble sito en Santiago de Compostela co fin de destinalo a vivenda de transición de doentes do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 55.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola función que vai satisface-lo ben, dado que este inmoble vai ser dedicado a vivenda de transición de doentes psiquiátricos

crónicos, xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do inmoble sito na rúa Fernado III O Santo, nº 9-2º B de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servcio Galego de Saúde