Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na estrada de Castela, número 1-5º esquerda, de Ferrol, con destino á ampliación do Centro de Saúde Fontenla Maristany.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola peculiaridade do ben a satisfacer no local, xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na estrada de Castela, nº 1-5º esquerda de Ferrol, para destinalo á ampliación do Centro de Saúde Fontenla Maristany, sito no mesmo edificio.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2001.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde