Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (8/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 26 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono F7.01 avda. de Fisterra presentado por LPF Investimentos.

2. Vender a favor de LPF Investimentos o subsolo da parcela obxecto de cesión a esta Administración polo prezo de oito millóns seiscentas sesenta e tres mil quinentas oitenta e oito (8.663.588) pesetas, IVE engadido, cantidade que será ingresada no prazo de 15 días na Caixa Municipal do Servicio de Urbanismo, aboamento que actuará como condición de

eficacia da aprobación do proxecto de compensación».

O que se fai público para o xeral coñecemento para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo polo que aproban as normas complementarias ó regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de naturaleza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. de Mariña, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo contra o acordo que se fai público cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación, ben que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que adoptou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda