Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.426

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (476/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 476/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Samuele Sebastianelli, contra Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss, S.A., en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 22 de agosto de 2001, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que, estimando a demanda promovida por de Samuele Sebastianelli, fronte ás empresas Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss, S.A., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto a parte demandante e condeno as tres empresas demandadas a estaren e pasaren por esta declaración e a optaren, no termo de cinco días contado a partir do seguinte ó da notificación desta sentencia, entre a readmisión do demandante no seu posto de traballo de forma inmediata e nas mesmas condicións que tiña antes do despedimento, ou o aboamento da cantidade de noventa e oito mil setecentas noventa e nove pesetas (98.799 pesetas), en concepto de indemnización por despedimento, e a que lle aboe, en todo caso, a cantidade de cento trinta e dúas mil trescentas trinta e seis pesetas (132.336 pesetas) en concepto de salarios de tramitación, devengados ata o día da data, mailo haber diario de mil oitocentas trinta e oito pesetas (1.838 pesetas) desde

este día ata a data de notificación da sentencia.».

E para que lle sirva de notificación de sentencia ó demandado Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), con domicilio na r/ Touro, baixo, 3, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó de notificación da sentencia e con expresa advertencia de que, de se-lo recorrente a empresa demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste Xulgado do Social número dous, nº de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista e acreditar ter depositada na indicada conta (clave de ingreso 60) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer, requisitos sen os cales non se terá por anunciado o dito recurso.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o doce de novembro de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado