Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 477/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de María Ángeles Antelo García, contra Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss, S.A., en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 22 de agosto de 2001, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:
«Que, estimando a demanda promovida por de Mª Ángeles Antelo García, fronte ás empresas Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), Rediscarta Galicia, S.L. e Repriss, S.A., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto a parte demandante e condeno as tres empresas demandadas a estaren e pasaren por esta declaración e a optaren, no termo de cinco días contado a partir do seguinte ó da notificación desta sentencia, entre a readmisión do demandante no seu posto de traballo de forma inmediata e nas mesmas condicións que tiña antes do despedimento, ou o aboamento da cantidade de cento catro mil cincocentas sesenta e sete pesetas (104.567 pesetas), en concepto de indemnización por despedimento, e a que lle aboe, en todo caso, a cantidade de duascentas vintesete mil dezaseis pesetas (227.016 pesetas) en concepto de salarios de tramitación, devengados ata o día da data, mailo haber diario de tres mil cento cincuenta e tres pesetas (3.153 pesetas) desde este día ata
a data de notificación dasentencia.»
E para que lle sirva de notificación de sentencia o demandado Juan Alberto Ageitos Vázquez (Galimail), con domicilio na r/ Touro, 3, baixo, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó de notificación da sentencia e con expresa advertencia de que, de se-lo recorrente a empresa demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste Xulgado do Social número dous, nº de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade
solidaria do avalista e acreditar ter depositada na indicada conta (clave de ingreso 60) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer, requisitos sen os cales non se terá por anunciado o dito recurso.
E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o nove de novembro de dous mil un.
O secretario xudicial
Rubricado