Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.425

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (413/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 413/2001, execución 132/2001, seguidos por instancia de Santiago Expósito Alonso contra a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., sobre despedimento, se dictou auto cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Auto.-«Lugo, 6 de novembro de 2001.

Parte dispositiva.-Xa que a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., non procedeu á readmisión do traballador demandante Santiago Expósito Alonso, como así se acordou en sentencia con data do 17 de xullo de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A. e polo dito concepto, a que lle aboe ó demandante a cantidade de duascentas sesenta e nove mil catrocentas unha pesetas brutas (269.401 pesetas brutas). Igualmente, debo condenar e condeno a referida empresa que lle aboe ó traballador, polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data da notificación de sentencia ata a desta resolución, a cantidade de cincocentas trinta e tres mil pesetas brutas (533.000 pesetas brutas).

Declárase extinguida a relación laboral que unía o traballador Santiago Expósito Alonso e a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., desde a data desta resolución.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado