Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.424

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan os destinos correspondentes ó concurso de traslados con data do 18 de xullo de 2001, polo que se ofertaban prazas vacantes en órganos xudiciais de nova creación do corpo de axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 18 de xullo de 2001 (BOE do 24 de xullo e DOG do 26 de xullo), para cubri-las prazas vacantes en órganos xudiciais de nova creación entre axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes neste concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas neste concurso salvo que se pretendan amortizar mediante modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-A toma de posesión para os funcionarios destinados nos órganos xudiciais que teñen previsto entrar en funcionamento o día 17 de decembro de 2001, efectuarase o devandito día 17 de decembro.

O cesamento para estes funcionarios producirase o día 5 de decembro se hai cambio de localidade e o día 13 de decembro se non se produce cambio de localidade.

Se a resolución comporta reingreso no servicio activo á Administración de xustiza no corpo de axentes, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, mais neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso no corpo e, polo tanto, non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitarlle ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos nos que teña que desprazarse a Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino coa data inmediatamente anterior á da súa toma de posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior ó da súa toma de posesión no corpo de axentes, co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo competentes no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO I

Concurso de traslado: convocado por Resolución do 18-7-2001 (BOE do 24 de xullo e DOG do 26 de xullo).

Comunidade autónoma: Galicia.

Corpo: axentes.

DNIApelido 1Apelido 2NomeNº esc.AMDIdiomaPuntosDestino

adxudicado

LocalidadeDestino

actual

Localidade

actual

36052585CastroRodríguezTeresa15211128617,19Aud. Prov.

Secc. 6ª

Vigo (Pontevedra)Xdo. Social 3Vigo (Pontevedra)

36033032CidCidMargarita3042889614,69Xdo. 1ª

Instancia 11

Vigo

(Pontevedra)

Xdo. 1ª Inst. e Instr. 2Redondela (Pontevedra)

34916774FernándezPereiraNieves2180889614,69Xdo. Vix. Penit 2PontevedraXdo. Penal 2Pontevedra

38494551HernándezOrtizCarmen2335889614,69Aud. Prov. Secc. 6ªVigo

(Pontevedra)

Xdo. 1ª Inst. e Instr. 1Tui (Pontevedra)

ANEXO II

Non hai excluídos nesta comunidade autónoma.