Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.407

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2001 pola que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais da Guarda (Pontevedra) e A Pobra do Brollón (Lugo).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 8 de novembro de 2001, relativo á adxudicación provisional de dúas emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais da Guarda (Pontevedra) e A Pobra do Brollón (Lugo), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 8 de novembro de 2001, polo que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora para a súa explotación polos respectivos concellos, texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2001.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social

e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8 de novembro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (Diario Oficial de Galicia nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicar, con carácter provisional, a explotación de senllas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia de carácter municipal, ós concellos da Guarda (Pontevedra) e A Pobra do Brollón (Lugo), con expresión das características técnicas no anexo que se xunta.

O outorgamento da concesión, que habilitará para a posta en funcionamento das citadas emisoras, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras de instalación correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da citada consellería, adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo para os efectos que se determinan no artigo 9 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo».

Características técnicas:

ProvinciaPOLU

ConcelloA GuardaA Pobra do Brollón

F (Mhz)107.8107.6

Lonxitude8W52217W2323

Latitude41N541342N3330

Cota40401

HEFM37.537.5

PRAW15050

PM (mixta)M (mixta)

DN (non directiva)N (non directiva)

Sector--