Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.407

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se fai pública a resolución adoptada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, en relación co recurso contencioso-administrativo, procedemento especial de dereitos fundamentais número 6/2001, peza separada número 105/2001, interposto por Alimentos Breogán, S.A.

De conformidade co establecido nos artigos 134.2º e 107.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ponse en coñecemento dos interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento especial de dereitos fundamentais nº 6/2001, peza separada nº 105/2001, interposto por Alimentos Breogán, S.A., a resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo número catro da Coruña, pola que:

«Se acorda a suspensión da executividade da resolución da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, adoptada con data 17 de setembro de 2001, pola que se acorda a medida cautelar de suspensión no uso da denominación Ternera Gallega.

A devandita medida manterase ata que se dicte sentencia firme que poña fin ó proceso, e ata que este finalice por calquera outra das causas previstas na LXCA, e sen prexuízo da súa modificación ou revogación, se cambiaran as circunstancias que se tiveron en conta nesta resolución».

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación