Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 04 de decembro de 2001 Páx. 15.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se fai pública a composición da comisión de selección dun curso de diplomados en enfermería de empresa.

De conformidade co disposto na base 4.3 da convocatoria dun curso de diplomados en enfermería de empresa, publicada mediante Resolución do 24 de outubro de 2001 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, DOG nº 217, do 9 de novembro, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Artigo 1º

A comisión de selección do curso de diplomados en enfermería de empresa estará composta polos seguintes membros:

* Presidente: Manuel Antonio Silva Romero. Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Suplente: Ana Comesaña Álvarez. Xefa do Servicio de Relacións Laborais.

* Vocais:

-Pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

Ana Comesaña Álvarez. Xefa do Servicio de Relacións Laborais. Suplente: Francisco Javier García Caeiro. Xefe da Sección de Recursos e Reclamacións.

Josefina Monteagudo Romero. Xefa do Servicio de Programas de Calidade e Investigación. Suplente: Paloma Puime Montero. Xefa do Servicio de Programas Asistenciais.

-Pola Escola Universitaria de Enfermería de Ferrol:

Manuel Romero Martín. Director da Escola Universitaria de Enfermería. Suplente: Avelino Castro Pastor. Secretario da Escola Universitaria de Enfermería.

Mª Josefa Pichel Guerrero. Directora do departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Suplente: Natalia Sobrido Prieto. Profesora titular da Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía.

* Secretario: Francisco Bernabeu Piñeiro. Secretario do departamento de Ciencias da Saúde. Suplente: Nuria Varela Feal. Subdirectora da Escola de Enfermería e Podoloxía.

Artigo 2º

Notifíquese a presente resolución á Escola Nacional de Medicina do Traballo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais