Finalizado o proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 114, do 13 de xuño) e realizado o día 23 de novembro de 2001 o acto previsto na Orde do 14 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 224, do 20 de novembro).
Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,
DISPÓN:
1. Nomear funcionarias do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B) as aspirantes que superaron o proceso selectivo ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B) polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.
2. Para adquiri-la condición de funcionarias, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán
cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.
3. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Apelidos e nome DNI Código do posto Denominación Nivel Concello Carácter
Rodríguez Franco, Patricia 79325226 PRC020000315770010 Xefe de negociado II 18 Santiago de Compostela Provisional
Vázquez Romero, Susana María 32805917 AGC020000015770006 Xefe de negociado 18 Santiago de Compostela Provisional
Gutiérrez Tosar, María Jesús 76861709 OTC020000015770045 Negociado de inspección 18 Santiago de Compostela Provisional
Brea Froiz, María Teresa 76809842 EFC070000115770015 Xefe de negociado 18 Santiago de Compostela Provisional
Cotelo Rey, María del Carmen 33239647 SAC020000215770005 Xefe de negociado I 18 Santiago de Compostela Provisional