Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.374

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 19 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicita-las prazas en comisión de servicios de xefe de departamento de orientación nos CEIP Conde de Fenosa e Julio Gurriarán Canalejas, ámbolos dous do Barco de Valdeorras.

Comunícase que está aberto o prazo para a cobertura de xefe de departamento de orientación, en comisión de servicios por un ano.

Titulación: mestre (funcionario de carreira) especialista en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe, preferentemente licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía) ou que foran diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

O prazo para presenta-las solicitudes, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas delegacións provinciais, será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A selección realizaraa unha comisión constituída na Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria