Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 03 de decembro de 2001 Páx. 15.363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de novembro de 2001 pola que se establecen as tarifas aplicables á prestación de asistencia sociosanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 224, do martes 20 de novembro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 14.871 e 14.872, no artigo 1º os puntos a), b) c), d) e e) deben ser substituídos polo segue:

«a) Media estadía durante o primeiro mes de internamento:

Tarifa máxima: 9.197 pesetas/ día (55,275083 euros).

b) Media estadía durante o segundo e terceiro mes de internamento:

Tarifa máxima: 8.116 pesetas/día (48,778142 euros).

Porcentaxe de aumento: 3,7%.

c) Módulo asistencia por estadía en réxime de longa estadía.

Tarifa máxima: 4.004 pesetas/día (24,064525 euros).

Porcentaxe de aumento: 3,7%.

d) Módulo residencial por estadía en réxime de longa estadía.

Tarifa máxima: 3.570 pesetas/día (21,456132 euros).

Porcentaxe de aumento: 3,7%.

e) Asistencia en réxime de asistencia domiciliaria.

Tarifa máxima: 4.869 pesetas/día (29,263279 euros).

Porcentaxe de aumento: 3,7%».