1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: traballos para a edición da revista Lucus número 46 e suplementos.
3. Orzamento (IVE incluído): 9.400.000 pesetas (24.040,49 euros).
4. Prazo de entrega: 30 días.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
8. Presentación das ofertas: 15 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.
9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 267, do 21 de novembro de 2001.
Lugo, 21 de novembro de 2001.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo