Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do centro residencial e rehabilitador San Rafael.

3. Orzamento (IVE incluído): 47.894.000 pesetas (287.848,74 euros).

4. Duración do contrato: ano 2002.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial de Lugo.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación das ofertas: oito (8) días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 261, do 14 de novembro de 2001.

Lugo, 14 de novembro de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo