Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Anuncio de concurso aberto para a selección dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do organismo autónomo Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1) Entidade adxudicadora. Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Dependencia: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2) Obxecto do contrato. Descrición: selección dunha mutua de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais para a celebración dun convenio para a cobertura dos riscos derivados de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais e invalidez, morte e supervivencia do persoal do organismo autónomo Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 1 ano.

3) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4) Orzamento.

5) Garantías. Provisional. Non se esixe.

6) Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, prazo do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 28.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7) Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos.

8) Presentación de ofertas. Prazo: 8 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de

licitación no DOG e BOP. Documentación: a esixida na cláusula VI do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9) Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10) Outras informacións.

11) Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 7 de novembro de 2001.

Santiago Domínguez Olveira

Presidente do Instituto Municipal dos Deportes

de Vigo