Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta de propietarios non incorporados á UA Chantada. (Expediente 148/413).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 25 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta ós terreos non incorporados á xunta de compensación do ámbito da unidade de actuación 03 Chantada (expediente 148/413).

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio presentado pola devandita xunta de compensación nesta Administración municipal no 8-10-2001, redactado polos arquitectos Antonio Davila e outros, visado polo COAG no 2-10-2001, relativo ás seguintes parcelas:

Predio 16 do parcelario do polígono.-Propietario: Julia Garrido Alonso.-Superficie: 487 m.-Valoración: 5.433.419 pesetas.

Predio 25:-Propietario: Isolina Benavides Oitavén.

Isolina Rial Benavides.-Superficie: 458 m.-Valoración: 5.483.649 pesetas.

Predio 45:-Propietario: Daniel Paz Besada.-Superficie: 187 m.-Valoración: 2.091.217 pesetas.

Predio 50:-Propietario: Marina Garrido Alonso.-Superficie: 389 m.-Valoración: 4.315.943 pesetas.

Predio 55:-Propietario: Julia Garrido Alonso.-Superficie: 134 m.-Valoración: 1.483.470 pesetas.

Predio 56:-Propietario: Amparo Oitavén Abalde.-Superficie: 717 m.-Valoración: 7.943.975 pesetas.

Terceiro.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada das follas separadas do prezo xusto a tódolos que aparecen como titulares de bens ou dereitos, de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto significando que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información

da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 2 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo