Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación da rúa Pedro Alvarado (Teis: subida da Guía, acceso a Vulcano). (Expediente 144/413).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 18 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos concretos bens e dereitos afectados polo alargamento e prolongación da rúa Pedro Alvarado na parroquia de Teis, desde a rúa Sanjurjo Badía ata o cruzamento da avda. de Dª Fermina coa r/ Dr. Corbal, de acordo co proxecto e planos elaborados pola oficina municipal de actuacións viarias en xullo de 2001, e coa lista que se repoduce no anezo deste acordo, cun orzamento estimado de 23.972.000 pesetas, equivalentes a 144.074,62 euros. (Expediente 144/413).

Segundo.-Solicitar da Administración autonómica a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola expropiación, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Somete-lo presente procedemento ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG, no BOP e nun dos diarios dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós afectados e ó Ministerio Fiscal na forma legalmente prevista.

ANEXO

ParcelaPropietarioSuperficieElementos

A-03Construproyect, S.L.

Olívica, S.L.

214 m

A-04Construproyect, S.L.

Olívica, S.L.

176 m

A-05Descoñecido29 m

A-06Ramón Freire Marcial17 m1 poste de pedra

Malla de aramio

A-07Sara Vázquez Piñeiro77 mMuro bloques 20 m.

A-08Alicia Ríos56 mGalpón-garaxe 31 m

Peceh 22 m.

A-09Colexio S. Xosé da Guía480 mMuro de 75 m.

A-10Armando Bugallo13 mGalpón-garaxe 27 m

Peche de 13 m.

A-11María Pérez Arguiz

Carlos Docampo Millos

8 mGalpón de 6 m

A-12José Álvarez Rgz.325 m4 árbores

A-13J. Martínez Saborido62 m

A-13-BISJ. Martínez Saborido51 m

A-16Isabel Mouriño Lago143 m

A-17Ed. Comesaña Fdez.230 m1 portalón de ferro

Peche bloques 16 m.

A-18Descoñecido99 m

A-19Olivia Fuentes Barros195 m1 galpón de 62 m

1 muro de 4 m

A-23José Álvarez Rgz.35 m

A-26J.M. Basilio Graña13 mMuro de 10 m.

A-27José Álvarez Rgz.243 m

A-28Xunta de Galicia63 mMuro de 26 m.

A-29B. Andrés Sánchez2 m1 poste de pedra

A-30J.R. Curbera Conde544 m

A-31José Álvarez Rgz.423 m

A-32M. Vázquez Estévez18 mGalpón de 54 m

Peche de 9 m.

A-33Mª C. Méndez Gargamala24 mPeche de 13 m.

A-34Carmen Jiménez Seijo180 m

A-35Mª C. Alonso Estévez109 m2 galpóns: 19m+58m.

A-36Julio Pérez Prado44 m1 muro de 16 m.

A-37M. Alonso Lorenzo71 mMuro de 24 m.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presente a documentación ou alegacións que estimen pertinente: o expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo